Que facemos?
Adestramos e competimos dende os nosos comezos na modalidade de libre (individual), dende o ano 2006 na modalidade de grupos show, dende a tempada 2009 na modalidade de parellas danza e dende o 2012 na modalidad de solo danza.
Patinadores do club de diferentes modalidades representan ó club en competicións de índole galega, nacional e internacional.
​
Modalidades
Así son as modalidades que practicamos:

Libre
Baséase na execución de saltos, piruetas, pasos e elementos de patinaxe integrados nunha coreografía.

Grupo show
Montaxe coreográfica que repesente unha idea, en concordancia cunha música e vestiario, e que exhiba as habilidades técnicas e artísticas dos patinadores, así coma a súa capacidade grupal.

Danza
-
Parellas danza: as parellas están formadas por un patinador masculino e outro femenino, que executan pasos, elevacións e outros elementos de patinaxe dentro de unha coreografía
​
-
Solo danza: baséase na execución de pasos e outros elementos de patinaxe integrados nunha coreografía.

Cuarteto
Os cuartetos están formados por catro patinadores cunha montaxe coreográfica que representa unha idea, en concordancia cunha música e vestiario, que deben executar uns elementos obrigatorios ao unísono, mostrando así as súas habilidades técnicas e capacidad grupal.

Calquera que sexa a modalidade tódolos elementos deben estar integrados na coreografía e mostrar as habilidades técnicas e artísticas do patinador ou patinadores.





